Escolas de Natación
Cursos de verán 2022
Os nosos cursos de verán xa están aquí. Durante todo o mes de xullo na piscina de Acea da Ma, en grupos de iniciación e perfeccionamento.
Aviso: baixas das escolas de natación.
Coa finalidade de evitar trastornos na organización dos grupos de aprendizaxe e na xestión das escolas, en beneficio de todos os alumnos, só se admitirán baixas que sexan comunicadas antes do día 20 do mes anterior.
¡Reabrimos inscripcións!
Debido aos novos aforos permitidos pola normativa Covid-19, podemos reabrir inscripcións ata completar as novas prazas dispoñibles.
Prazas esgotadas para as escolas de natación
Esta mañá cubríronse todas as vacantes para as escolas de natación, polo que cerramos o proceso de inscripción.
Inscripcións Adultos 21/22
Una ano máis, organizamos grupos de perfeccionamento para adultos, e tras a boa experiencia da tempada pasada, decidimos ampliar a oferta organizando un grupo de perfeccionamento para rapaces entre 14 e 16 anos.
Apertura de inscripcións
Unha tempada máis, o CN Culleredo organiza as súas escolas de natación, dirixidas a rapaces e cativos de 4 a 12 anos, co obxectivo de fomentar a aprendizaxe e práctica desde deporte entre os máis pequenos.