O clube


O Club Natación Culleredo é unba entidade deportiva sen ánimo de lucro, formada no ano 2013 coa finalidade de continuar co legado do C. N. Albatros na promoción e fomento da práctica continuada da natación, nas suas diferentes etapas e modalidades: Lúdica-Enseñanza, Formación-Competición, Alto Rendemento e Mantemento.

No Club Natación Culleredo entendemos o deporte como medio de transmisión de valores, desenrolo da persoa e promoción da saúde. O Club é un referente social, perfectamente arraigado na nosa área de influencia, especialista en ver e transmitir o deporte con outros ollos, poñendo o foco na persoa e no seu benestar integral.

O compromiso, o esforzo, a persistencia, a combatividade, la nobreza, o compañeirismo ou a humildade son valores grabados a lume no noso ADN, dende os nosos inicios ata a actualizade. Valores que forxan un carácter especial a todos os nosos deportistas, para sempre membros da familia Club Natación Culleredo.

Reglamento Interno

Contacto

698164284

cnculleredo@gmail.com


Colaboran: