Prazas libres na Escola de Natación.

27.09.2020

Seguen a bo ritmo as inscripcións na Escola de Natación, máis aínda quedan prazas libres. Desde hoxe, admítese a inscripción nun segundo día semanal, ata completar as plazas dispoñibles. 

Non o dubides, se queres que os teus fillos aprendan a nadar nun clube senlleiro, santo e seña da natación no concello de Culleredo, INSCRÍBEOS

Para completar as prazas dispoñibles, a partir de hoxe, admítense as inscripcións en dous días á semana (40 €), tanto para novas inscripcións, como para os que xa solicitaron a súa inscripción nun día semanal.

Recordade que, para tranquilidade dos nen@s e as súas familias, o clube ten implantado o seu protocolo de prevención da Covid-19