Escola para adultos

Lanzamos grupos de perfeccionamento/adestramento para adultos.

Como novidade, esta tempada ofrécese aos pais, achegados e calquer outro adulto, a posibilidade de aprender ou adestrar en grupos organizados polo clube. Trátase de dous grupos de perfeccionamento/adestramento, que se desenrolarán na piscina do Complexo Deportivo de San Diego (A Coruña):

  • Perfeccionamento. Luns-Mércores. 20.30 h a 21.30 h. Dirixido a persoas que teñen un mínimo coñecemento de natación, e queren  seguir aprendendo ou perfeccionando o seu estilo.
  • Adestramento intensivo. Martes-Xoves. 20.30 a 21.30 h. Dirixido a persoas que dominan a natación e desexan formar parte dun grupo dirixido de adestramento. 

Se queres aprender a mellorar a túa técnica... ¡non o penses máis! Os nosos grupos adáptanse a todos os niveis e idades.

A actividade ten un custe de 38 €/mes. Para formalizar a túa inscripción, debes cubrir o seguinte FORMULARIO.

A inscripción nesta actividade supón a aceptación polo participante do protocolo Covid-19 do Club Natación Culleredo, das normas da instalación e todas as demais medidas en vigor nesta materia.

*O clube resérvase o dereito de cancelar a actividade en caso de que non se cubra o número mínimo de participantes por grupo.

MÁIS INFORMACIÓN:

Club Natación Culleredo
natacionculleredo.com

Teléfono: 698164284

E-mail: cnculleredo@gmail.com