Xornada GES no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

11.06.2021

As nadadoras alevíns Carla Cabanas e Carlota Feal participaron esta tarde na xornada GES no Centro de Tecnificación Deportiva de Galicia, en Pontevedra. 

Estas xornadas GES, organizadas pola FEGAN, teñen como obxectivo detectar nadadores galegos con proxección para o seu futuro paso ás siguientes categorías con garantías, realizar un seguimento continuo da súa formación coa finalidade de detectar posibles áreas de mellora e asegurar a súa adecuada progresión ao longo dos anos, e apoiar o labor de adestradores e nadadores con medios, tanto materiais coma humanos, que complementen os dispoñibles nos seus respectivos clubes, así como estimular a formación dos técnicos mediante a posta en marcha de plans de traballo comúns e a facilitación de información técnica.

Ámbalas dúas disfrutaron do encontro xunto con nadadores de outros clubes de Galicia, seleccionados polos técnicos da federación en base aos resultados obtidos na liga territorial.