Xornada 2 da Liga Infantil

13.01.2022
A segunda xornada da Liga Infantil disputarase este próximo sábado en Carballo, sen a presencia de público debido á situación sanitaria actual. 

A competición comenzará ás 17.30, e os nadadores deberán presentarse ás 15.50 para entrar de maneira conxunta á instalación á hora designada para que o noso equipo faga o quecemento.  

Moita sorte a todos os nadadores na procura de melloras nas suas marcas.