X3 Liga Benxamín

16.02.2022
Este sábado 19 celebrarase a xornada 3 da Liga Benxamín na Piscina Municipal de Riazor, na Coruña. 

Os nosos pequenos retoman a competición no 2022, no que continuarán o seu proceso de aprendizaxe e preparación. 

Nesta ocasión, permitirase a entrada de UN ACOMPAÑANTE POR NADADOR.

Para o acceso ás instalacións, é preciso o rexistro mediante un código QR, tanto para os deportistas, adestradores e acompañantes. 

É importante que os nadadores leven impreso o seu código QR, que os seus pais deben obter no enlace indicado mais abaixo. SIN EL, NON PODERÁN ACCEDER Á INSTALACIÓN NIN, POR TANTO, PARTICIPAR NA COMPETICIÓN. Deben enviar copia do QR obtido ao Clube para facilitar a xestión do acceso. 

O código QR dos acompañantes  poderase obter fácilmente no enlace indicado, e será comprobado no acceso á instalación, que se poderá realizar ás 16.45 horas. 

¡Moita sorte!