Martín e Sara, na convocatoria do GES Alevín

25.01.2024

Martín e Sara acudirán á 2ª xornada do programa GES da tempada 23/24 da categoría Alevín. O programa estará dirixido por Daniel Toro, Director Técnico da FEGAN, na piscina do CGTD de Pontevedra.

É para eles unha excelente oportunidade para adestrar con compañeiros dotros clubes e adquirir novas habilidades.

Estamos orgullosos de que os técnicos da FEGAN, convocatoria tras convocatoria, siga contando con nadadores formados no Culle!

¡Parabéns, rapaces!


Colaboran: