Trofeo Concello de Ferrol

24.01.2022

Este sábado os nosos alevíns e benxamíns participarán no Trofeo Concello de Ferrol organizado polo Club Marina de Ferrol na piscina de Batallones. 

Os participantes nadarán todos os estilos nas distancias de 25, 50 e 100 metros, así como os relevos de estilos en cada categoría, e un mixto libre de 6x50. Outorgaranse medallas a cada categoría e a cada idade, así como se destacará con trofeo diferente ao nadador completo de cada categoría.

Ademáis do noso clube e mailo anfitrión, participarán o AD Nautico de Narón,  Cidade de Santiago, Portamiñá de Lugo e CN Cedeira. 

O Club Marina Ferrol organiza este trofeo que da arranque á tempada, co patrocinio do Concello de Ferrol. Moitas grazas pola invitación, estamos encantados de voltar a nadar en Batallones. 

A competición dará comenzó ás 17 horas e poderá seguirse en directo no Twitch de @cmarinaferrol

Os nadadores desprazarse co equipo en autobús. Saida ás 14.30 da área de servicio do Burgo.