TRAVESÍA "LA HEROICA"

29.07.2019

O pasado sábado día 27 tivo lugar no paraxe espectacular da Ribeira Sacra, en Doade, a Travesía "La Heroica" incluida no Circuito Nacional de Aguas Abertas.

Quince nadador@s do clube participaron na edición, con moi bos resultados.

Na Travesía de 600 metros victoria de Noa Borrazás, con Alicia Martín no segundo posto en feminino, e segundo posto de Gael Boquete en masculino.

Tamen completaron a distancia os Promesas Mauro Borrazás e Alejandro Prieto.

No grupo dos 2500 metros 3ª Iria Rodríguez e 4ª Claudia Suárez en feminino e tamén 4º posto para Mateo Sobrino en masculino.

RESULTADOS