Terceira xornada da Liga Benxamín

15.04.2021

O fin de semana completarase coa competición do noso equipo de benxamíns, que disputará en Carballo as probas correspondentes á terceira xornada da súa liga. 

Será o domingo 18 na Piscina Municipal Carballo Calero, sen a presencia de público debido ás restriccións pola Covid-19, que ademáis motivará que se realicen dous turnos.

As rapazas deberán madrugar: deben presentarse ás 8:45 h. para entrar en grupo á instalación, PRÉGASE PUNTUALIDADE Realizarán o quecemento de 9:00 h. a 9:40 h e iniciarase a competición ás 9:50 h.

Os nadadores deben presentarse ás 11:00 h para entrar en grupo á instalación, PRÉGASE PUNTUALIDADE. Facerán o quecemento de 11.:10 h. a 11:50 h. A competición iniciarase ás 12:00 h.

A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.

É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga. É importante que os nadadores procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba.

¡Moita sorte a todos os nadadores!