Terceira xornada da Liga Alevín
Nunha fin de semana repleta de competicións, o noso equipo de alevíns disputará en Carballo as probas correspondentes á terceira xornada da súa liga.
Será o domingo 21 na Piscina Municipal Carballo Calero, sen a presencia de público debido ás restriccións pola Covid-19, que ademáis motivará que se realicen dous turnos.
As rapazas deberán madrugar: deben presentarse ás 8:45 h. para entrar en grupo á instalación, PRÉGASE PUNTUALIDADE Realizarán o quecemento de 9:00 h. a 9:40 h e iniciarase a competición ás 9:50 h.
Os nadadores deben presentarse ás 11:00 h para entrar en grupo á instalación, PRÉGASE PUNTUALIDADE. Facerán o quecemento de 11.:15 h. a 11:55 h. A competición iniciarase ás 12:05 h.
A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.
É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga. É importante que os nadadores procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba.
¡Moita sorte a todos os nadadores!