Resultados da xornada 5 da Liga Alevín

23.05.2021

Na competición celebrada en Carballo na tarde do sábado, os nosos nadadores continuaron mellorando as súas marcas. 

Na categoría masculina, Joao tivo unha notable actuación, acadando a marca mínima en 400 m. libres para o Campionato Galego. 

Previamente, as rapazas participaron nas probas da categoría feminina, mellorando as súas marcas persoais e completando unha boa competición.

Gran traballo de todo o equipo, ¡noraboa a todos!!