Resultados X2 Liga Master

07.12.2022

Estupendos resultados dos nosos máster na X2 da sua liga, celebrada na Piscina de Batallones de Ferrol. 

Un equipo que sigue medrando, mellorando continuamente as suas marcas, preparándose xa para a disputa do Campionato Galego Máster de Inverno que se celebrará en xaneiro, nada máis rematar as festas do Nadal. Haberá que ter conta de non pasarse co turrón.

¡Parabéns, rapaces!