Resultados Xornada 1 da Liga Benxamín

09.11.2021

Magnífica xornada dos nosos nadadores no inicio da Liga Benxamín, celebrada o pasado sábado en Carballo. 

Os rapaces poideron sentir, despois de moito tempo, a animación dos seus familiares nas gradas, unha boa nova para todos que, sen dúbida, é un novo paso cara a normalidade e supón un plus de motivación para os pequenos.

Todos os nadadores melloraron as súas marcas, o que os animará para seguir entrenando con interés e intensidade de cara ás novas probas que deberán disputar en vindeiras xornadas. 

🚩Parabéns a todos‼️