Resultados Festival de Promesas

20.06.2021

As nosas promesas disputaron onte o Festival de Promesas organizado pola FEGAN na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, de Pontevedra. 

Fantásticos resultados no que foi a primeira toma de contacto coa competición da maioría dos nadadores participantes, demostrando o nivel da nosa canteira e a calidade da formación recibida. 

Parabéns a todos os nadadores, polos resultados obtidos e polo traballo realizado durante todo o ano.