Resultados da terceira xornada da Liga Infantil

18.04.2021

Excelentes resultados obtidos polos nosos nadadores na terceira xornada da Liga Infantil, celebrada onte en Carballo. 

A xornada comenzou coa participación das nosas nadadoras nas probas femininas, cunha actuación moi destacada de todas elas, acadando diversas marcas mínimas para o Campionato Galego e Nacional. 

Logo das rapazas, completou a xornada na categoría masculina o noso nadador Mateo, con excelentes marcas, rebaixando considerablemente os seus tempos anteriores. 

Excelentes resultados, froito do esforzo, constancia e traballo de todos eles, a pesares das dificultades en que se desenrolan actualmente os adestramentos polas limitacións das instalacións. 

¡Parabéns!