Resultados da 4ª xornada da Liga Alevín

26.04.2021

O pasado sábado celebrouse en Carballo a 4ª xornada da Liga Alevín, con resultados destacados para as nosas nadadoras e o noso único nadador da categoría. 

Equipo feminino alevín
Equipo feminino alevín

Como xa é costume nestes tempos de pandemia, abriron a competición as rapazas, a primeira hora da tarde. As nosas obtiveron resultados de mérito, con varias marcas mínimas para o Campionato Galego, e con notables melloras das suas marcas persoais. 

Joao, o noso nadador alevín
Joao, o noso nadador alevín

A media tarde chegou o turno da competición masculina, na que o noso clube estivo representado por Joao, que obtivo moi bos resultados, mellorando tamén as súas marcas persoais. 

Excelente tarde para os nosos nadadores que completaron unha gran competición. ¡Parabéns!