Resultados Copa Galega Prebenxamín

05.06.2024

Ferrol. 1 de xuño de 2024

Espectacular tarde a que nos fixeron pasar onte os nosos pequerrechos, que acadaron o CUARTO posto na Copa Galega Prebenxamín. ¡Cuartos de Galicia!

Gracias a Daniela, Andrea, Joel, Valentina, Martina, Eric, Paula, Claudia, Alonso, Pablo, Catalina, Avia e Antón por facernos disfrutar dun campionato maravilloso. ¡SODES INCREÍBLES!

Esta estupenda clasificación é o resultado do esforzo e constancia de toda a tempada, do traballo dos seus adestradores e da implicación de todas as familias. ¡Moitas grazas a todos! 

Noraboa ao Portamiñá, Fluvial e Natación Ferrol, que coparon o podio da clasificación, e ao resto do clubes participantes. ¡Qué mérito teñen todos os rapaces

Grazas ao Natación Ferrol pola fantástica organización, ¡sempre é un pracer!


Colaboran: