Resultados Campionato Galego Junior e Absoluto de Verán

03.07.2022

Fantásticos resultados no Campionato Galego Junior e Absoluto disputado o pasado fin de semana en Ourense, nos que Noa Borrazás obtivo unha extraordinaria medalla de bronce absoluta nos 50 m. costas. 

Os bos resultados completáronse coa consecución do posto 12 na clasificación absoluta por equipos (dun total de 23), destacando o posto 9 da clasificación feminina. 

¡Parabéns a todos os nadadores!