Resultados Campionato Galego de Inverno

23.02.2022

O Club Natación Culleredo participou esta fin de semana no Campionato Galego Infantil-Junior-Copa Senior celebrado na Piscina Rosario Dueñas de Ourense. 

Destacable actuación dos nosos, especialmente os resultados obtidos polos nadadores Noa Borrazás Rodríguez, 🥇ouro en 100 m. costas, 🥈prata en 200 m. costas e 🥉bronce en 400 m. estilo libre; Claudia Suárez Dosil, 🥈 prata e 🥉 bronce en 200 e 100 m.  bolboreta; e Mateo Sobrino Bujía, 🥉 bronce en 200 m.  bolboreta. 

O equipo acadou unha fantástica 6ª posición na clasificación final, obtendo a 4ª praza na clasificación feminina e 15ª na masculina. 

Parabéns a todos os nadadores!