Resultados Campionato Galego de Augas Abertas
07.06.2022
Gran participación do CN Culleredo no Campionato Galego de Augas Abertas disputado o pasado sábado en Ponteareas.
O equipo, formado por nadadores de categoría junior, infantil e alevín, acadou unha fantástica 5ª posición na clasificación xeral da competición. Mateo Sobrino obtivo a medalla de prata en categoría junior e Carlota Feal o bronce en categoría alevín.
Na competición máster, as dúas participantes, Helen Sanderson e Dolores Sar, acadaron a primeira posición da súa respectiva categoría.
Parabéns a todos os participantes polo seu extraordinario traballo.