Rematou o Campionato de España Alevín por Comunidades Autónomas

23.05.2021

A selección galega acadou un fantástico décimo posto, na competición que xa rematou en Lloret del Mar. A victoria quedou en Cataluña, con Andalucía e Illas Baleares completando o podio.

Parabéns para as nosas nadadoras Carla e Carlota, que fixeron un Campionato sobresainte, mellorando as súas marcas persoais e coa sorpresa das remudas (Carlota participou o venres nos 4x200 libres, e Carla está mañá na remudas de braza dos 4x100 estilos). Unha gran recompensa ao sacrificio e traballo de toda a tempada. É un orgullo ter a unhas guerreiras. Esa é a esencia do deporte.

Querer é poder... Seguide así que nos queda moito que disfrutar.