Quinta xornada da Liga Alevín

16.05.2021

Os nosos nadadores alevíns disputarán o próximo sábado 22 de maio a quinta xornada da Liga Alevín. 

Debido ás limitacions de aforo derivadas da Covid-19, a competición levarase a cabo sen a presencia de público e dividida en dous grupos: feminino e masculino

As rapazas deberán presentarse ás 15:50h para entrar á instalación, e os rapaces deberán facelo ás 17:50h.

A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.

É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga. É importante que os nadadores procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba.

¡MOITA SORTE A TODOS OS NOSOS NADADORES!