Primeira xornada da Liga Infantil

06.12.2020

Onte os nosos infantiles disputaron a sua primeira xornada da Liga Galega, na piscina coruñesa de San Amaro

Foi unha tarde de grandes emocións, pola volta á competición despois de tanto tempo de espera. O clube estivo representado nesta primeira xornada da Liga Galega Infantil por seis nadador@s, que comezaron con nota esta nova etapa competitiva, acadando meritorios resultados e mellorando os seus anteriores rexistros. 

A competición foi organizada polo Club del Mar de San Amaro, seguindo as medidas de seguridade previstas no protocolo Covid-19.

¡Moitas felicidades ás nadadoras e nadador participantes!