Participación na LXXX Travesía San Amaro
O CN Culleredo participou onte, representado por nadadores de diversas categorías, na LXXX Travesía a nado á enseada de San Amaro, organizada polo Club del Mar.
![](https://962a46e0b3.clvaw-cdnwnd.com/6350747a759f1194eae8314ea9c8183a/200000877-3d5643d566/PicsArt_08-29-04.56.02.jpg?ph=962a46e0b3)
Foi unha mañá espléndida para a práctica da natación, a pesar da temperatura da auga, que non impediu que todos nosos nadadores disfrutaran da proba, con resultados destacados.
Sobresaiu na clasificación Noa Borrazás, campiona da categoría B, e Dolores Sar, campiona da categoría G, así como Mauro Borrazás, subcampión da categoría A. Tamén fixeron podio, clasificados terceiros da súa categoría, Alicia Martín e Joao Roda na categoría B, e Iria Rodríguez e Mateo Sobrino na categoría C.
![](https://962a46e0b3.clvaw-cdnwnd.com/6350747a759f1194eae8314ea9c8183a/200000878-05ee005ee3/IMG_20210829_181059_358.jpg?ph=962a46e0b3)
Mención especial tiveron Mauro e Dolores, premiados tamén como o nadador máis xove e nadadora mais veterana en terminar a proba.
Foi unha excelente mañá para todos os nadadores que poideron disfrutar en compañía da nosa gran familia deportiva.