Participación no Torneo Internacional Pedro Escudero de Ourense

25.05.2021

O CN Culleredo participará, representado por varias nadadoras infantiles, nesta prestixiosa competición, organizada polo clube Pabellón de Ourense

O torneo celebraráse o vindeiro sábado 29 de maio, en sesións de mañá e tarde, na Piscina Rosario Dueñas de Ourense.

As nosas rapazas terán oportunidade de competir en piscina de 50 metros, nunha proba que lles servirá de preparación para o Campionato Galego que se celebrará en pouco mais dun mes. 

¡Moita sorte e a disfrutar do torneo!