Participación na segunda xornada da Liga Infantil

14.03.2021

O noso nadador Mateo Sobrino participou onte nas probas correspondentes á segunda xornada da Liga Infantil, na Piscina Municipal Carballo Calero, do Concello de Carballo. 

Mateo disputou as probas de 200 m. mariposa, e 100 m. braza, mellorando os seus rexistros anteriores, e completando unha boa competición. 

¡Parabéns!