Participación de Noa no programa GES da Fegan

05.11.2021

Hoxe tivo lugar a segunda parte da primeira xornada de tecnificación de natación co adestramento na piscina do CGTD de Pontevedra, dos nadadores integrados no programa GES, pertencentes a os clubes do norte de Galicia.

Nesta ocasión, o CN Culleredo estivo representado pola nosa nadadora infantil Noa, que acudiu á convocatoria acompañada do seu adiestrador. Sen dúbida un merecido premio ao seu traballo diario, confirmado polos excelentes resultados acadados en todas as competicións.

Para o noso clube é un orgullo que a FEGAN siga contando con nadadores do noso clube nas convocatorias do GES.

¡Noraboa, Noa!