O CN Culleredo conta cun novo patrocinador 

06.03.2021

A empresa Indupanel convértese en novo patrocinador do clube esta tempada. Desta maneira mostra o seu apoio aos xoves deportistas e alinease con valores coma o compromiso, o esforzo, o traballo en equipo ou a vida saudable, que caracterizan a nosa actividade diaria. 

O representante de Indupanel, Fernando Borrazás, e Dolores Sar, presidenta do clube, formalizaron esta mañá este patrocinio coa entrega dos novos anoraks de inverno para os equipos de competición. O acto cumplíu con todas as medidas actualmente en vigor pola Covid-19, e tamén participaron nadadores das diferentes categorías, mostrando o seu agradecemento por esta aportación. 

¡Moitas gracias!