Noa no Campionato de España Infantil de Inverno

13.03.2022

Rematou a participación de Noa no Campionato de España que se celebrou en Cádiz, con moi boas sensacións 

A competición comenzou para ela coa disputa dos 200 m. espalda, o pasado venres, no que logrou clasificarse para a final B e obtivo un fantástico posto 14 na clasificación final.

O sábado disputou os 100 m. espalda, proba na que non puido mellorar a sua marca persoal pero que serviu para seguir acumulando experiencia neste tipo de campionatos. 

O torneo finalizou para ela este domingo con mal sabor de boca, debido a unha inxusta descalificación nos 400 m. libres, motivada por un erro dos xuices-árbitros.

Quedámonos coas boas sensacións de ter disfrudado por primeira vez desta competición, a bo seguro que será a primeira de moitas. 

¡Parabéns, Noa!