LXIV Descenso Internacional Ría de Navia

16.08.2022

Despois de dous anos de ausencia, a participación do Culleredo fíxose notar de novo en Navia

O sábado Mateo Sobrino completou unha excelente actuación na proba da Copa de Asturias, rematando no 6º posto junior. 

Na proba do domingo, Claudia Suárez e Noa Borrazás proclamáronse, campiona e suncampiona da proba de 2400 metros do LXIV Descenso Ría de Navia.

Completaron a participación do @cnculleredo Mateo Sobrino, na proba de 5000 m. e Carlota Feal e Mauro Borrazás na proba de 1100 m.

Bravo Culle‼️.