Inicio da Liga Máster

30.10.2021

O noso equipo máster iniciará a tempada este próximo domingo, tomando parte na xornada 1 da Liga Galega Master, que se disputará na Piscina Carballo Calero do Concello de Carballo

Aínda que os nosos junior deberán de madrugar dabondo, xa que a proba comenza ás nove da mañá, as expectativas son prometedoras, como xa demostraron na última xornada de liga da pasada tempada. 

Na proba formarán parte, asimesmo, nadadores do clube anfitrión, AD Fogar, así como do CN Ferrol, Cidade de Santiago, CN Liceo, Hércules Termaria, CN Arteixo, Club del Mar, Marina de Ferrol, CN Riveira, Triatlón Coruña e SD Hípica.

¡Moita sorte!