Inicio da Liga Alevín o próximo 14 de novembro

11.11.2020

Logo da longa parada obrigada pola alerta sanitaria, voltamos de novo á competición.

O vindeiro sábado día 14 de novembro de 2020, os nadadadores e nadadoras da categoría alevín voltarán á competición, oito meses despois.  Será con motivo da desputa da 1ª xornada da Liga Galega Alevín que congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2009 e 2010 e aos nenos nados no 2007 e 2008. A competición terá lugar na piscina do Club del Mar de San Amaro (A Coruña), coa participación do CN Coruña, Club del Mar de San Amaro, CN Liceo, Sporting Club Casino e Agrupación Dep. Triatlón Oleiros, ademáis do CN Culleredo. 

Debido ás limitacions de aforo impostas pola situación actual, levarase a cabo sen a presencia de público e dividindo a competición en dous grupos: femenino e masculino. 

As rapazas entrarán na instalación ás 16:00 h. , realizarán o quecemento de 16:15 h. a 16:45 h e iniciarase a  competición ás 17:00 h.

Os participantes na competición masculina entrarán na instalación ás 18:00 h. , unha vez a abandonen as rapazas, e realizarán o quecemento de 18:15 h. a 18:45 h; a competición iniciarase ás 19:00 h. 

A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora , debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal. 

É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga.