Inicio da competición benxamín

16.03.2021

Comenzará a participación do clube na competición benxamín, este vindeiro sábado, no Club del Mar de San Amaro, nas categorías feminina e masculina. 

Os nadadores participarán nas probas da primera xornada da Liga Benxamín, adiada no seu momento debido á situación sanitaria, o que suporá a súa estrea na competición. 

A entrada á instalación realizarase ás 16:15 h., debendo realizarse en grupo. Todos os participantes deberán identificarse co seu DNI e entregar a declaración responsable que lles facilitará a entrenadora, firmada polo pai, nai ou titor legal. 

O quecemento será de 16:25 a 16:45 h, empezando a competición ás 16:50 h.

Debido ás restriccións motivadas pola Covid-19, non estará permitida a presencia de público.

É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga. Tamén é importante que os nadadores procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba. 

¡MOITA SORTE A TODOS OS NOSOS NADADOR@S!