CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE INVERNO

29.12.2024

🐧🚩No Campionato Galego Absoluto de Inverno 2024 celebrado en Santiago, estivemos magníficamente representados por Paula, Mateo e Joao.

💪🏼Os resultados máis destacados foron o 6º posto de Mateo en 200m bolboreta, e o 6ª posto nos 200m libres de Paula, que tamén foi 7ª en 400m e 800m libres, e 12ª nos 100m braza.

🏊🏼‍♂️Ainda que hai marxe de mellora dun equipo moi xove, todos competiron con esforzo e dedicación, polo que estamos moi orgullosos do papel feito nesta competición tan esixente.

👏🏼¡Noraboa a todos, e a seguir traballando para futuros éxitos!