Fase Final da Liga de Clubs

07.06.2022

Este domingo  disputouse a Fase Final da Liga de Clubs, na que o noso equipo loitaba co Club Natación Boiro e Club Natación Monforte polas duas prazas para promocionar de categoría. 

Unha épica batalla polo ascenso que finalmente se levou o Boiro, seguido dos monfortinos a moi poucos puntos. Finalmente o ascenso non puido ser, ainda que o bo papel e xuventude dos nosos nadadores, a maioría de categoría infantil, auguran futuros éxitos  esta competición. 

Parabéns ao Boiro e Monforte, e moita fachenda dos nosos nadadores.