Fantástica xornada do infantil feminino

21.03.2021

As nadadoras do equipo infantil completaron onte a segunda xornada da súa liga, nas instalacións do Club del Mar de San Amaro. 

Foi unha xornada fantástica, con estupendos resultados, fruto do esforzo e do traballo diario das nosas nadadoras, a pesares das dificultades para retomar a normalidade dos entrenos logo das últimas restriccións provocadas pola pandemia.

¡Noraboa a todas!