FALECEU O PAI DE DOLORES

18.05.2018

Esta mañá recibimos a noticia do falecemento de Julio Sar pai da adestradora e Presidenta do Club Dolores Sar.

Julio Sar foi un dos pioneiros da natación coruñesa e galega na que foi moitos anos adestrador do Club Natación Coruña y posteriormente do Universitario de Santiago.

Os seus restos atopanse no Tanatorio Albia na Grela.

Os que o coñecimos sempre o recordaremos con agarimo. DEP