Bo Nadal e próspero ano 2021

16.12.2020

Este ano, mais que nunca, ¡GRAZAS!

O Club Natación Culleredo quere desexar a todos os nadadores, monitores e adestradores, e ás suas familias e achegados, un bo Nadal e próspero ano 2021. Este ano, máis que ningún, quere agradecer o apoio prestado por todos eles nestes tempos especialmente duros. Xuntos voltaremos á normalidade, máis fortes que nunca. 

Da mesma sorte, trasladamos tamén o noso agradecemento e os mellores desexos ás institucións, instalacións deportivas e resto de colaboradores, así coma a todos os clubes rivais, xuices e árbitros, os nosos compañeiros de auga. 

¡BO NADAL A TODOS!