Os nosos "junior" irrumpen na Liga Master con excelentes resultados 

02.06.2021

Son poucos, pero moi valentes, e o inicio da súa andaina na competición, o pasado domingo, foi espléndida, a pesares do madrugón. 

Os tres nadadores obtiveron excelentes resultados nas probas nas que participaron, ocupando as primeiras prazas da clasificación en cadansúa categoría. 

A xornada serviu como toma de contacto coa competición, con vistas a unha futura participación, se cadra con algúns integrantes máis, en próximas temporadas da Liga Master. 

De seguro que este éxito animará a outros veteranos a seguir o camiño emprendido por estes tres fenómenos. 

Parabéns as os tres... ¡E a seguir entrenando coa mesma ilusión!