I Encontro Escolas de Natación CN Liceo / CN Culleredo

14.04.2023

Este próximo sábado celebramos o I ENCONTRO das escolas de natación do Club Natación Liceo e Club Natación Culleredo, na Piscina do Colexio Liceo-La Paz.

Preciosa ocasión para que os futuros campións poidan amosar as súas evolucións.

Moitas grazas ao CN Liceo por acollernos nas suas instalacions, agardamos que sexa a primeira de moitas edicións e que no futuro tamén nós poidamos albergar esta bonita iniciativa. 

¡Moito ánimo, pequerrechos!