Derradeira xornada da Liga Alevín

08.06.2021

Este próximo sábado os nosos nadadores alevíns competirán en Carballo, disputando as últimas probas da súa liga. 

A pesares das restriccións ainda vixentes pola Covid-19, finalmente disputaranse as probas masculinas e femininas nunha soa sesión, debido a que son poucos os clubes participantes. Novamente, non estará permitida a presencia de público. 

Os nadadores deberán de presentarse ás 15.45 horas para facer a súa entrada á instalación. 

A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.

É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga. É importante que os nadadores procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba.

¡MOITA SORTE A TODOS OS NOSOS NADADORES!