Derradeira xornada da Liga Alevín 20/21

13.06.2021

Onte os nosos alevíns disputaron en Carballo a xornada 6 da Liga Alevín, na que participaron tamén o CN Coruña, o Triatlón Oleiros e o clube anfitrión AD Fogar.

Os nadadores do CN Culleredo confirmaron a súa boa progresión, nadando a moi bo nivel, coa consecución de varias marcas mínimas para os campionatos galegos, e mellorando todas as marcas individuais.

Coa celebración desta derradeira xornada, complétase a nosa participación na Liga Alevín, con resultados moi meritorios dos nosos nadadores a pesares de todas as circunstancias desta tempada tan peculiar. 

¡Noraboa a todos polo esforzo e dedicación!