Cuarta xornada da Liga Alevín

23.04.2021

A competición non para e os nosos alevíns disputarán a cuarta xornada de liga o próximo sábado 24 de abril, na Piscina Carballo Calero, en Carballo. 

Como ven sendo habitual, debido ás limitacions de aforo impostas pola situación actual, levarase a cabo sen a presencia de público e dividindo a competición en dous grupos: femenino e masculino.

As rapazas deberán presentarse ás 15:45h para entrar á instalación, realizarán o quecemento de 16:00 h. a 16:40 h e iniciarase a competición ás 16:50 h.

Os nadadores deben presentarse ás 17:45 h, para entrar á instalación e a continuación facer o qué cemento e iniciar a competición. 

A organización controlará o acceso dos participantes á instalación, para o cal requerirase a presentación do DNI e a declaración responsable que lles facilitará nestes días a entrenadora, debidamente cumplimentada e firmada polo pai, nai ou titor legal.

É importante que os deportistas leven unha funda ou bolsa na que gardar a máscara mentres se encontran na auga. É importante que os nadadores procedan a retirar e por a máscara sempre mirando cara o vaso da piscina, nunca cara os cronometradores. Deberán esperar o pitido dos árbitros para quitala antes do inicio de cada proba.

¡MOITA SORTE A TODOS OS NOSOS NADADOR@S!