Travesía das Peras

11.09.2022

Gran representación do Culle na Travesía das Peras organizada onte polo Concello de Pontedeume, o Club Náutico Firrete, o Club Náutico Entrepuentes e Club Náutico de Ares, con estupendos resultados en todas as categorías.

Obtiveron trofeos na súa categoría Paula Hernáez, Alicia Martín, Joao Roda, Dolores Sar, Oscar Guirado, así como premios para o nadador máis xove e más veterano, Dolores e Cruz Carreira.