Comenzo dos entrenos na piscina da Barcala

14.09.2020

O CN Culleredo comenzou hoxe a temporada 2020/2021 cos entrenos en piscina.

Tódalas categorías do clube desenrolarán os seus entrenos, no mes de setembro, na piscina do Complexo Deportivo Municipal da Barcala, no concello de Cambre.

Tendo en conta a especial situación debido á pandemia do Covid-19, comunicarase próximamente a sede e horarios definitivos dos entrenos das diferentes categorías.