Amigo Solidario: colaboración coa campaña de recollida de xoguetes

21.12.2020

Mediante a iniciativa do "Amigo Solidario" dos nosos nadadores, o noso clube participou na campaña de recollida de xoguetes novos promovida polo Concello de Culleredo en colaboración coa Cruz Vermella. 

Este ano os nosos rapaces quixeron sustituir o tradicional xogo do amigo invisible (habitual nestas datas entre eles), por esta iniciativa solidaria, coa finalidade de aportar xoguetes que irán destinados ás familias con menos recursos do municipio, axudando a que todos os nenos manteñan a ilusión nestas datas. 

Esta tarde, o clube fixo entrega dos xoguetes recollidos ao concelleiro de Deportes, Miguel Suárez, que felicitou aos rapaces pola sua colaboración nesta campaña solidaria.