CN Culleredo con La Palma

01.10.2021

Sumámonos á recollida solidaria promovida polo Concello de Culleredo e Protección Civil, a favor dos afectados pola erupción volcánica na illa de La Palma. 

¿Queres aportar o teu graíño de área? O Concello de Culleredo e Protección Civil  promoven unha recollida solidaria de material para as persoas afectadas polos danos causados polo volcán. 

Para iso, habilítanse do 1 ao 10 de outubro catro puntos de recollida, onde poder achegar material tanto para as persoas que sufriron as consecuencias desta catástrofe, coma para os profesionais que están a axudar para minimizar os danos materiais na illa:

  • Edificio de Servizos Múltiples do Burgo
  • Centro Municipal de Formación Pablo Picasso
  • Conservatorio Profesional de Música de Culleredo
  • Concello de Culleredo

O horario de recollida será de 10 a 14 horas polas mañás en todos os espazos e de 17 a 20 horas polas tardes no Conservatorio e no Edificio de Servizos Múltiples

Pódense aportar dende produtos de aseo coma cueiros, xel de baño, toallas, cepillos e pasta de dentes, mantas, sabas, ata equipos coma cascos (aínda que sexan de obra), lanternas, chalecos protectores, camisetas, botas..

Para máis información, pódese contactar no teléfono 620 008 450.

O noso clube aportará todo o material que acheguen os seus deportistas, familiares e achegados. 

Grazas pola vosa solidariedade!