Éxito da convocatoria GES Benxamín

23.04.2023

Sara e Dani acudiron este sábado á convocatoria do grupo GES benxamín na piscina de Riazor, que estivo dirixidos por Daniel Toro, director técnico da FEGAN. 

Estamos moi satisfeitos da oportunidade que nos ofrecen estas convocatorias GES para que os nosos nadadores e técnicos teñan ocasión de seguir mellorando e perfeccionando o traballo diario realizado nos adestramentos.